miércoles, mayo 26, 2010

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

Non todos os alumnos e alumnas rematan a ESO, polo que aqueles que teñan idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos e non teñan titulación algunha, poden realizar programs de garantía social, que teñen as seguintes características:

O obxectivo destes programs fai referencia a unha acción formativa de carácter teórico-práctico para o desempeño dunha profesión.

Existen diferentes modalidades e ó rematar outorga un Certificado como Operario ou Auxiliar.

Pretende completar a formación básica para posibilitar a superación da proba de acceso a un FPGM ou a obtención do título de ESO. Impártense en aulas polivalentes,como centros educativos, públicos ou privados, a súa duración soe ser de 2 cursos e ofértase tamén en entidades locais: Concellos, Deputación ou Asociacións sen ánimo de lucro.

O BACHARELATO

O bacharelato é a elección máis escollida por os alumnos e alumnas que cada ano rematan a ESO, por iso cremos convinte introducir algunha información básica sobre éste e as súas modalidades:

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.
No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa da Educación Secundaria. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:
  • Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
  • Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional
  • Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.
As materias que se imparten son máis especializadas que na Educación Secundaria Obrigatoria.
Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.
No referentes ás modalidaes, propóñense estas catro:

  1. Modalidad de Ciencias da Natureza e a Saúde.
  2. Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
  3. Modalidade de Tecnoloxía.
  4. Modalidade de Artes.

POSIBLES SAÍDAS Ó REMATAR A ESO

Este é un listado das posibles alternativas das que dispoñen os alumnos de 4º de ESO ó rematar o curso:

Bacharelato

Mundo laboral

Cursos formativos de grao medio

Cursos formativos de grao superior

Programas de garantía social


 Educación secundaria de adultos


Escolas de artes plásticas e deseño

Agora é o momento de informarse sobre estas alternativas para poder realizar a elección que máis lle conveña a cada alumno, e recordade, o orientador do voso centro pódevos asesorar e axudar na búsqueda de información e na toma de decisións, ó igual que intentamos facer dende este blog!!

miércoles, mayo 19, 2010

MODALIDADES DE BACHARELATO

A CONTINUACIÓN EXPOÑEMOS UN PEQUENO "GRÁFICO" NO QUE SE PODEN OBSERVAR AS POSIBILIDADES QUE OFRECE O BACHARELATO.

¿Como te sintes?


Estas a punto de tomar unha decisión sobre o teu futuro pero non sabes que camiño escoller, aínda non tes claro que bacheralato vas a escoller...
¿Queres seguir estudando?¿Prefires buscar un emprego? ¿ Non tes clara ningunha destas preguntas?
Antes de tomar calquera decisión que a postre vai a ser determinate na túa vida, debes informarte ben de todas as túas posibilidades.