miércoles, mayo 26, 2010

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

Non todos os alumnos e alumnas rematan a ESO, polo que aqueles que teñan idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos e non teñan titulación algunha, poden realizar programs de garantía social, que teñen as seguintes características:

O obxectivo destes programs fai referencia a unha acción formativa de carácter teórico-práctico para o desempeño dunha profesión.

Existen diferentes modalidades e ó rematar outorga un Certificado como Operario ou Auxiliar.

Pretende completar a formación básica para posibilitar a superación da proba de acceso a un FPGM ou a obtención do título de ESO. Impártense en aulas polivalentes,como centros educativos, públicos ou privados, a súa duración soe ser de 2 cursos e ofértase tamén en entidades locais: Concellos, Deputación ou Asociacións sen ánimo de lucro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario