miércoles, mayo 26, 2010

O BACHARELATO

O bacharelato é a elección máis escollida por os alumnos e alumnas que cada ano rematan a ESO, por iso cremos convinte introducir algunha información básica sobre éste e as súas modalidades:

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.
No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa da Educación Secundaria. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:
  • Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
  • Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional
  • Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.
As materias que se imparten son máis especializadas que na Educación Secundaria Obrigatoria.
Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.
No referentes ás modalidaes, propóñense estas catro:

  1. Modalidad de Ciencias da Natureza e a Saúde.
  2. Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
  3. Modalidade de Tecnoloxía.
  4. Modalidade de Artes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario